FESTA DA ESFOLLADA

O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A PARTICIPAR NA FESTA DA ESFOLLADA ESTE SÁBADO EN RÚA

  • A cita, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, comezará ás 16:00 horas con xogos populares, que darán paso á esfollada do millo, e xa pola noite haberá cea a base de empanada, callos e castañas asadas; e de seguido verbena
  • O prezo da cea será de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios
Cervo, 23 de outubro de 2017.- A parroquia de Rúa acollerá o vindeiro sábado, 28 de setembro, a segunda edición da Festa da Esfollada do Maíz.
A cita, foi presentada este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o de Medio Rural, Plácido Pérez, e varios membros da Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, organizadores do evento, coa colaboración do Concello.
A Festa arrincará ás 16:00 horas con xogos populares para nenos e maiores; e ás 18:00 horas terá lugar a esfollada do millo.
A partir das 20:00 horas está programada unha cea a base de empanada e pan da casa elaborados con fariña de trigo da Malla de Rúa, callos, postres, castañas asadas para os asistentes, viño e auga; por un prezo de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios.
Xa ás 22:00 horas dará comezo a Gran Verbena a cargo do Grupo Montreal.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a desfrutar desta festa tradicional o vindeiro sábado na parroquia de Rúa.


Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS MICOLÓXICAS IES DE FOZ

BINGO ACIA FOZ