Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

O IES DE FOZ GAÑA O I CERTAME ESCOLAR INTERNACIONAL DE PODCASTS EN GALEGO XOSÉ MOSQUERA

O IES DE FOZ GAÑA O I CERTAME ESCOLAR INTERNACIONAL DE PODCASTS EN GALEGO XOSÉ MOSQUERA  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fíxolle entrega do premio nun acto celebrado este serán no Museo do Pobo Galego  As gravacións presentadas ao certame, convocado pola Consellería de Cultura e Turismo e o IES Rosalía de Castro en colaboración con Arraianos Producións, debían versar sobre a vida ou a obra de Antonio Fraguas Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019 .- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregoulle este serán o premio do I Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera a alumnado do IES de Foz polo seu traballo Antón Fraguas en directo. No mesmo acto, foi distinguido cun accésit o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas e cunha mención especial o CEIP Nicolás del Río de Cedeira. Valentín García felicitou os premiados e considerou que “o gran profesor que foi Antonio Fraguas valoraría con entusiasmo a creativida