Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

Concurso de fotografía ‘O meu recuncho de Mondoñedo’,

Imagen
Andrea Gacio acada o primeiro premio no concurso de fotografía ‘O meu recuncho de Mondoñedo’, que convoca por terceiro ano o Concello ·        O segundo e terceiro premio foron para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente ·        O edil Alberto García destacou o elevado nivel desta edición e agradeceu o interese de todos aqueles que enviaron as súas fotografías Mondoñedo, 28 de novembro de 2018.- Un xurado profesional vén de fallar o terceiro concurso de fotografía ‘O meu recuncho de Mondoñedo”, que anualmente convoca o Concello e que este ano suma xa a súa terceira edición. A fotografía gañadora é de Andrea Gacio, na que se reflexan os cabalos, de tanta relevancia en Mondoñedo, pastando nos montes da localidade. O xurado, integrado por fotógrafos dos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, así como por estudantes de fotografía; fallaron o segundo e o terceiro premio para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente.