Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

TROFEO NADAL - FUNDACION IMDECUM

Imagen
O Trofeo do Nadal Mariñán 2017, da Fundación Imdecum, reuniu onte pola as pequenas promesas de Pescados Rubén Burela FS, ED Lourenzá, AD Santiago de Foz e Escolas Celeiro-Xove FS no pavillón Vista Alegre de Burela. Un total de 7 equipos, nas categorías de Biberón e Prebenxamín, gozaron co fútbol sala nunha xornada con protagonismo para a diversión e a deportividade. Os pequenos xogadores recibiron cadansúa medalla no acto de clausura, que contou coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, xunto a Manuel Blanco e José Luis Saéz, vicepresidente e secretario de Imdecum, respectivamente.
Imagen
CCA de Foz.  Comezaron a recoller os seus premios os afortunados e afortunadas da Campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto de Foz. Ata as súas oficinas, situadas no edificio do Cenima, se achegaron esta mañá algúns dos premiados. Foi o caso de Fina González e Rodolfo Otero, que recolleron os 100 euros en vales de compra, que lle tocaron a cada un e que poderán gastar ata o vindeiro  6 de xaneiro. O Centro Comercial Aberto focense destinou a premios na Campaña de Nadal 1.000 euros, que foron sorteados na xornada de onte.  Desde o CCA animan "a todo o mundo a facer as súas compras de Reis no comercio local" e desexan a clientes e asociad@s un feliz aninovo.   
Imagen
O CCA DE FOZ SORTEOU ESTA MAÑÁ OS 1.000 EUROS EN VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA DE NADAL. Foz, 27 de decembro de 2017. Esta mañá tivo lugar o sorteo dos 1.000 euros en vales de compra da Campaña de Nadal. Os afortunados e afortunadas con 100 euros cada un foron Fina González Iglesias, que realizou unha compra en Din y Don; Marta Geada Arca, que mercou en Din y Don; Josefa Lage, que comprou en Milar ElectroFoz; Rodolfo Otero, que consumiu na la Estación de Servicio La Ola; e Benjamín López Rodríguez, que fixo compra en Lourdes Moda Íntima. E a agraciada con 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz foi Ángeles Merino López, que mercou en Kukadas. Nos estudios de Radio Foz tamén se sortearon 4 paraugas do CCA, que foron para Mª Fé Rouco Caserío, que comprou en Vas’s; Antía Río García, que consumiu en Anduriña; Rocío Blanco, que mercou en Decoraciones Pura; e Milagros Lende, que fixo compra en Ginzo Mujer y Homb

MERCADO DA ILUSIÓN DE FOZ

Imagen
O MERCADO DA ILUSIÓN DE FOZ ESTARÁ NA AVENIDA DA MARIÑA ATA O 31 DE DECEMBRO. HAI POSTOS DE ARTESÁNS GALEGOS, ASTURIANOS E LEONESES. Foz, 27 de decembro de 2017. O Mercado da Ilusión de Foz, que abriu onte á tarde, ten este ano unha nova situación, na avenida da Mariña. Conta con seis artesáns de Galicia, Asturias e León que se mostran moi satisfeitos pola novo lugar de celebración. Este mercado de Nadal estará aberto ata o 31 de decembro. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou onte que “onte, martes 26, comezou o Mercado de Nadal no concello de Foz, situado este ano na Avenida da Mariña. Son seis artesáns de diferentes puntos do norte: galegos, asturianos e leoneses”. Javier Castiñeira salienta que “a nova situación é unha novidade para todos, moi preto de onde está ubicada tamén a árbore de Nadal, no centro da avenida da Mariña, na confluencia con Xoan Montes”. O rexedor subliña que “os artesáns este ano están moi contentos e nos postos mellorase con moi
Imagen
ACTUACIÓN DO GRUPO INFANTIL DE TEATRO A ADALA DE FAZOURO EN XOVE PROGRAMACIÓN NADAL DO CONCELLO DE XOVE Dentro do programa de Nadal do Concello de Xove, onte MARTES, 26 de decembro ás 19:00 h, no Salón de Actos do Centro Cívico, tivemos TEATRO INFANTIL con a representación da obra “A RA QUE SE QUEDOU SEN CHARCO” a cargo do Grupo Infantil de Teatro A Adala de Fazouro, con entrada libre e gratuita para tódolos públicos.  

RELACION DE PARADAS SERVIZO DE TRANSPORTE A DEMANDA

Imagen
Achegamos relación de paradas que, a partir de mañá, estarán a disponibles a través do servizo de Transporte á Demanda. Todas elas correspóndense con liñas de bus compartido (escolares+adultos) que, durante este período non lectivo están disponibles previa reserva. Os interesados en reservar praza nalgunha ruta deberán chamar ao teléfono único centralizado 988 68 78 00 e consultar todas as viaxes dispoñibles nesta modalidade na páxina web www.bus.gal .

CINCO MARIÑÁNS, CONVOCADOS PARA ADESTRAR COA PRESELECCIÓN BENXAMÍN DE LUGO

Imagen
CINCO MARIÑÁNS, CONVOCADOS PARA ADESTRAR COA PRESELECCIÓN BENXAMÍN DE LUGO Mércores 20 de decembro. Cinco benxamíns mariñáns, representando a tres escolas da bisbarra, foron convocados para participar na Preselección da Delegación de Lugo da RFGF, como preparatorio do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala que se disputará o 4 de xaneiro en Marín. Borja Cortegaza, Mateo Domínguez e Gabriel Díaz, de Castrelo FS, Walter Gonçalves, de Pescados Rubén Burela FS, e Xián Cibrero, de ED Lourenzá, participarán en dúas sesións de adestramento previstas para o venres 22 e mércores 27 de decembro, no pavillón municipal de Vilalba. Completan a convocatoria Andrés Silva e Ángel Vázquez, de Ribeira FS; Hugo Castro, Pablo Carballo e Jesús Arias, de CP Casás; Íker Cupeiro, Diego Mera e Javier García, de ADC Lugo Sala; Xoel Sánchez, de EDM Concello de Guitiriz; e Saúl Ortega, de Franciscanos Lugo. A Mariña, campioa no Amigable de Selec

GALA BENEFICA FERREIRA DO VALADOURO

Imagen
O pasado domingo, día 17 de decembro, o Grupo Humorístico Trípode organizou na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro unha Gala Benéfica para recadar fondos para Cáritas. Participaron o propio Grupo Trípode, que puxo en escena a súa última obra "Cousas de vellos" e o grupo Xuntanza Musical, integrado por José Ramón Rico, Manolo Cabaleiro, Remigio Vizoso, Esperanza Pérez, Lino Rico e Antón Expósito, antigos membros de orquestras da nosa bisbarra, que interpretaron diversos temas tradicionais. O salón de actos estivo case cheo e recadáronse preto de 500 euros. 

ALMANAQUES FUNDACION EU SON. PRESENTACION EN BURELA E CERVO

Imagen
No Concello burelés presentouse o calendario de 2018 da Fundación Eu Son. Acompañaron aos membros deste colectivo o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero. Está centrado este ano na música, é moi imaxinativo e dalles un protagonismo moi importante aos usuarios de Eu Son, algo que consideramos moi importante". Eu Son pon á venda o devandito calendario. Visita que recibiron  de Cesarina e José Ángel, veciños e membros da Fundación Eu Son, que lle amosaron á edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, e ao tenente alcalde, Plácido Pérez, o seu calendario de Nadal; co que colaboran dende o Concello de Cervo. Os almanaques pódense adquirir dende o día de hoxe na Farmacia  O Parque, na Peluqueria Reme, na Farmacia Casariego ou na Mercería paca, en Burela.
Imagen
A XUNTA FAI ENTREGA A DÚAS FAMILIAS, DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE FOZ Foz (Lugo), 15 de decembro de 2017.- Dous adxudicatarios de vivendas de protección pública (VPP) emprazadas no concello de Foz recibiron hoxe as chaves dos seus novos fogares nun acto presidido polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e no que tamén estivo presente o alcalde da localidade, Javier Jorge Castiñeira. Os pisos, propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, están situados na rúa Corporacións, 45. A primeira das vivendas de 89,93 metros cadrados e catro dormitorios adxudícase en réxime de aluguer; a segunda, de 90 metros cadrados e tamén catro dormitorios, cedeuse en venda. O delegado explicou que as familias beneficiarias xa poden facer uso dos pisos de inmediato. Rexistro único de demandantes de vivenda Balseiro desexoulles moita sorte aos adxudicatarios e reiterou a dispos

PISTA DE XEO - RIBADEO

Imagen
A partir das cinco desta tarde poderase patinar en Ribadeo na pista de xeo natural XL, que por terceiro ano consecutivo poñen en marcha Acisa e o Concello durante as festas de Nadal. Abrirá en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 22 horas ata o vindeiro 7 de xaneiro, agás os días 24 e 31 que pechará ás oito da tarde. O prezo da entrada é de 6 euros, aínda que aquelas persoas que merquen ou consuman nos comercios e locais hostaleiros de Ribadeo, asociados a Acisa, e presenten os seus tíckets por importe igual ou superior a 20 euros poderán obter esas entradas ao prezo de 3 euros. Eses tíckets teñen que ir acompañados das papeletas cos descontos que distribuirán os establecementos asociados a Acisa. Catro monitores atenderán a pista de xeo natural XL, de Ribadeo, durante estas semanas. Hoxe a instalación foi visitada polo alcalde, Fernando Suárez, pola concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, e polos presidente e xerente de Acisa, David Martínez e Jesús Pérez.  Desd
Imagen
700 establecementos da Mariña participan na campaña Merca e Gaña polo Nadal de Deputación e Federación de Comercio - Santos Ramos, Loureiro García e Seijas López presentaron en Viveiro esta campaña na que participan 700 establecementos mariñáns e que dan emprego a 1.500 lucenses - Loureiro García destacou a “na necesidade de continuar promovendo estas iniciativas pois o pequeno comercio crea en Viveiro preto do 50% dos empregos do Concello” O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentaron este venres en Viveiro a campaña Merca e Gaña polo Nadal . Trátase da campaña de sensibilización e visibilización cidadá que puxo en marcha na provincia o Goberno da Deputación en colaboración coa Federación de Comercio. Son uns 700 os establecementos da Comarca da Mariña, que da emprego a 1.500 persoas, e que participan nes

BINGO ACIA FOZ

Imagen
EN TOTAL 16 PERSOAS RESULTARON PREMIADAS NO CAMPAÑAZO DO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ DO PASADO 5 DE DECEMBRO. OS AFORTUNADOS E AFORTUNADAS RECOLLERON OS SEUS AGASALLOS NAS ÚLTIMAS HORAS.    Foz, 15 de decembro de 2017. O Centro Comercial Aberto de Foz rematou de entregar os premios aos gañadores do Campañazo que se celebrou os días 24 de novembro e 1 e 5 de decembro. En total foron repartidos 1.800 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao CCA. Na cafetería Xoyma recolleron os seus agasallos as catro persoas que cantaron o Campañazo o pasado 5 de decembro. Foron Laura Vizoso Mera, Elena Valea Debén, Francisco Cerezo Denueda e Víctor Longarela Quintana. 300 euros foron repartidos entre estes catro afortunados. Fixéronlles entrega dos devanditos premios Olaya Pedrosa, secretaria de Acia/CCA de Foz, e Ángeles Piñeiro, propietaria de Xoyma. Outros 300 euros foron para outros 12 afortunados no Campañazo do pasado 5 de decembro.

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DO RURAL

Imagen
Deputación, USC e UDC, primeiras institucións en España que ofrecen compensacións económicas polo desenvolvemento sostible do rural    - Coa participación directa dos propietarios das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común na Serra do Xistral, desenvolverán o Life in Commom Land - É proxecto de 2 millóns, co-financiados nun 70% pola UE, que busca o desenvolvemento socioeconómico e sostible de zonas rurais de especial protección - Campos, Barreiro, Naveira e Fernández presentaron hoxe este proxecto nun acto no que participaron usuarios dos Montes de Abadín, Muras, O Valadouro, Ourol e Viveiro O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, e o Adxunto ao Vicerreitor de Política Científica da Universidade da Coruña, Horacio Naveira Fachal, xunto ao Deputado de Cooperación cos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentaron est

RUN FOZ RUN NADAL. PRESENTACION

Imagen
  O ALCALDE E MEMBROS DO CLUB ATLETISMO FOZ PRESENTARON A SEGUNDA RUN FON RUN NADAL, QUE SE CELEBRARÁ O DÍA 24 DESTE MES. Foz, 14 de decembro de 2017. Foi presentada a segunda edición da Run Foz Run Nadal ,  que terá lugar o día 24 deste mes. Participaron no acto Manuel Eiras e Marcos Loureiro, do Club Atletismo Ría de Foz, e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira. Na presentación explicaron que “na proba haberá diferentes categorías para que todas as persoas que o desexen poidan participar, desde pícaros ata veteranos C. Tanto a saída como a meta será a Praza Rosalía de Castro e a distancia para a carreira absoluta será de 5 quilómetros. A primeira saída será ás 16:30 horas para a categoría dos/as máis pequenos/as e a absoluta iniciarase ás 17 horas”. Tamén comentaron que “o ano pasado a participación superou todas as expectativas e agardamos que este ano se sumen máis a esta tarde de deporte con gran ambiente festivo, antes de sen