Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

PRIMEIRO CAMPAÑAZO DE XANEIRO

Imagen
NA CAFETERÍA HAPPY DAYS FORON ENTREGADOS OS PREMIOS DO PRIMEIRO CAMPAÑAZO DE XANEIRO DO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ. ANTONIO NÚÑEZ CARREIRA FOI O GAÑADOR, QUE RECIBIU 300 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NOS LOCAIS ASOCIADOS. Foz, 18 de xaneiro de 2018. Mañá, venres, a partir das once da noite chegará unha nova cita co Campañazo, que organiza o Centro Comercial de Foz. En xogo estarán 600 euros en premios, 300 para a primeira persoa que o cante e outros 300 para o resto dos premiados. O pasado 12 de xaneiro daba comezo esta nova edición do Campañazo do CCA focense, que xa repartiu esa noite os primeiros 600 euros en premios. Na cafetería Happy Days tivo lugar a entrega de agasallos aos afortunados. Antonio Núñez Carreira foi o gañador e recibiu 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. Outros sete premiados repartíronse os outros 300 euros do sorteo. Encargouse de facer a entrega Olaya Pedrosa, a secretar

FESTA DO CHICARO EN FOZ

Imagen
O Goberno da Deputación destina 3.000 euros á celebración esta fin de semana da Festa do Chícaro en Foz - O Presidente e o Alcalde presentaron este mércores en San Marcos a cita gastronómica coa que colabora o Executivo Provincial e que terá lugar esta fin de semana na carpa habilitada no peirao de Foz e nos establecementos do municipio - Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación buscamos por en valor o marisqueo, unha actividade tradicional da costa de Lugo e un sector estratéxico que dinamiza a economía da nosa provincia e que axuda a fixar poboación” - O Goberno da Deputación destina 3.000 euros ao Concello para a celebración desta XV edición da feira co obxectivo de promocionar o berberecho, un produto autóctono cun factor de singularidade turística capaz de atrae a milleiros de visitantes - Ofreceranse máis de 1.200 kg deste manxar que se poderá degustar ao vapor, empanado, á provenzal ou con fabas de Lourenzá. A ración terá un prezo de 5 euros con pan incluído

O Goberno da Deputación dotará dun novo céspede ao campo de fútbol Martínez Otero de Foz

Imagen
O Goberno da Deputación dotará dun novo céspede ao campo de fútbol Martínez Otero de Foz - O Executivo Provincial investirá 100.000 euros nas melloras desta infraestrutura deportiva que consistirán na renovación do céspede natural. Realizaranse traballos de levantamento do campo, así como a renovación da herba natural - O Presidente avanzou que “somos a institución galega que máis inviste en deporte na provincia. Só en instalacións deportivas, levamos 2,9 millóns. Facémolo en solitario. A Xunta non inviste nin un só euro en Lugo pero si 1 millón en Ourense” - Nestas instalacións, que están cedidas polo Colexio Martínez Otero ao C.F. Foz, adestran máis de 300 rapaces das categorías de infantil, cadetes, xuvenís e sénior, ademais dos alumnos das Escolas Deportivas da vila e os do Colexio - Con esta nova inversión, o Executivo achega un total de 223.000 euros ao Concello de Foz para promover a práctica deportiva no municipio mariñán, coa construción do novo hangar de piragua

CURSO DE CESTERIA

Imagen
3º Curso de Cestería organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro                        O Semina rio de Estudos do Valadouro (SEVA) vai organizar o III Curso de Cestería, impartido unha vez máis por Ramón Vázquez, "Moncho do Carballo", cesteiro da parroquia de San Acisclo do Valadouro. De novo o lugar de celebración será o local das antigas escolas de Adelán, en Alfoz. Terá lugar todos os martes, de 20,00 a 22,00 horas, comezando o martes 6 de marzo e finalizando o martes 12 de xuño, de maneira que constará de 14 sesións (non haberá o martes 1 de maio por ser festivo). Os socios do SEVA interesados en participar neste cursiño deberán abonar 45 euros, mentres que os que non sexan socios do SEVA deberán abonar 55 euros. Para apuntarse ó cursiño poderán facelo chamando ou enviando unha mensaxe ó número 619389997 ou ben enviando unha mensaxe ó correo peinoster@gmail.com . Só se admi
Imagen
CONCELLO E ACISA ASUMEN A ORGANIZACIÓN DO ENTROIDO 2018, ANTE A FALLA DUNHA COMISIÓN VECIÑAL QUE SE FAGA CARGO DO EVENTO. HOXE FOI PRESENTADO O CARTEL DO FESTEXO, QUE XIRARÁ ENTORNO A HOLLYWOOD. HABERÁ PREGÓN, DESFILE E QUEIMA.  Ribadeo, 16 de xaneiro de 2018. Concello e Acisa asumen neste 2018 a organización do Entroido, ante a falla dunha comisión veciñal que se faga cargo deste evento. Contan coa colaboración dun pequeno grupo de voluntarios, que a título individual lles queren botar unha man. Hoxe presentouse o cartel do festexo, que xirará entorno a Hollywood. O programa, que incluirá a gala inaugural, o desfile do martes e a Queima do Entroido será presentado dentro duns días. Os organizadores traballan para pechalo canto antes. Os premios do desfile serán da mesma contía que en anos anteriores. O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “estamos aquí para presentar algo inédito para nós, tanto para Acisa como para o Concello de Ribadeo, porque as dúas partes estamos

PRESENTACION LIBRO

Imagen
Presentación do libro “Meirás, un pazo,un caudillo,un espolio.” (Xoves  18  de Xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz) A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o Xoves  18 de Xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do  libro “ Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio ”, no que tomaran a palabra os autores do volume Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo. “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio” é unha investigación histórica sobre o roubo do Pazo de Meirás pola familia do ditador Francisco Franco , sinalando os procedementos seguidos para facerse irregularmente coa propiedade e as presións para obrigar, mediante sancións económicas, ás galegas e galegos a achegar os fondos para o mesmo. O volume achega ao tempo un estudo sobre a represión económica no franquismo , facendo un percorrido por casos semellantes aos do Pazo de Meirás ao longo da xeografía galega así como das multas e requisas utilizadas como forma de cast

NOVAS DIPUTACION PROVINCIAL

Imagen
A Deputación ofrece a maiores 51 obradoiros gratuítos sobre novas tecnoloxías con 731 prazas - O Presidente presentou a programación de cursos e obradoiros para o 1º trimestre de 2018 do In Lugo , nun encontro na capital con ducias de usuarios - Hai cursos básicos sobre o uso de Internet e móbiles ou talleres máis específicos como os de banca electrónica, Messenger, Whatsapp, retoque fotográfico.... - Aberta a solicitude en www.fundaciontic.org , www.deputacionlugo.gal e 982-22-51-86. No 2017, as prazas esgotáronse en horas e a participación superou as 2.500 persoas O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Concelleira de Benestar Social de Lugo, Ana González Abelleira, presentou este xoves as actividades do In Lugo para o primeiro trimestre do 2018, que inclúe 51 cursos e obradoiros sobre novas tecnoloxía cun total de 731 prazas, dirixidas todas elas a maiores da provincia. Campos Conde deu conta da nova programación do que é o 1º

GALICIA EN FITUR

Imagen
GALICIA PRESENTARASE EN FITUR COMO UN DESTINO ACOLLEDOR E CON PROPOSTAS NOVIDOSAS E SUSTENTABLES PARA TODO O TERRITORIO A directora de Turismo, Nava Castro, avanzou hoxe a programación que a Xunta de Galicia levara a próxima semana á feira internacional que se celebra en Madrid Entre os novos produtos, de interior e costeiros, destacan ‘Galicia Surfing’, ‘Club da auga’, ‘Escenarios ao volante’ e ‘Experiencias nos seis parques naturais’ As candidaturas galegas a Patrimonio Mundial da Unesco, Cíes-Illas Atlánticas e Ribeira Sacra, terán un destacado protagonismo, precisamente no Ano Europeo do Patrimonio Cultural, unha celebración na que Galicia leva tempo traballando No eido do Camiño de Santiago, impulsarase ‘O son do Camiño’, prólogo musical previo ao Xacobeo 2021 coa presenza de destacados artistas internacionais O stand de Galicia, de case 1.000 m², inspírase nun tradicional pazo, reinterpretado segundo as tendencias actuais, converténdoo nun

CONCURSO ESCAPARATES E ARBORES DE NADAL DE FOZ

Imagen
MONDA PROXECTOS E PASTELERÍA BOMBONERÍA AMARENA SON OS GAÑADORES DOS CONCURSOS DE ESCAPARATES E ÁRBORES DE NADAL, ORGANIZADOS POLO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ. Monda Proxectos e Pastelería Bombonería Amarena son os gañadores dos concursos de escaparates e árbores de Nadal, que organizou o Centro Comercial Aberto de Foz a través das redes sociais. Dezanove foron os establecementos comerciais que participaron no concurso de escaparates e doce no das árbores de Nadal. En total os certames conseguiron máis de 2.000 me gustas en facebook e foron compartidos 60 veces. Ambos locais recibirán un diploma e un detalle do Centro Comercial Aberto de Foz. Nuns días as árbores de Nadal serán replantadas na localidade por parte da Concellería de Medio Ambiente de Foz. Desde a directiva agradecen “a presentación dos escaparates e árbores aos concursos que organizamos este Nadal así como o traballo e o esforzo realizado polos nosos asociados e asociadas para engalanar os seus