Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2018

ALUMN@S DO IES DE FOZ ESTÁN ESTES DÍAS EN ESTADOS UNIDOS PARTICIPANDO NUN INTERCAMBIO CUN CENTRO EDUCATIVO DE MINNESOTA.

Imagen
TRINTA ALUMN@S DO IES DE FOZ ESTÁN ESTES DÍAS EN ESTADOS UNIDOS PARTICIPANDO NUN INTERCAMBIO CUN CENTRO EDUCATIVO DE MINNESOTA. Foz, 12 de setembro de 2018. Trinta alumnos e alumnas da ESO e de primeiro de Bacharelato do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz, de 16 e 17 anos de idade, atópanse estes días en Estados Unidos participando nun intercambio cun centro educativo de Minnesota, o Senior Highschool de Shakopee. A estancia, que comezou este pasado domingo, ten unha duración de 12 días e incluíu unha visita de tres xornadas a New York. A xefa do Departamento de Inglés do IES de Foz, Begoña Suárez, explica que “os alumnos están alí durante 12 días, nos que teñen que convivir cunha familia americana como se foran un fillo máis, acudindo a un mínimo de tres clases ao día das materias que eles prefiran e ás actividades extraescolares ás que acuda o seu compañeiro ou compañeira estadounidense. Está un alumno en cada casa e despois ese rapaz americano