700
establecementos da Mariña participan na campaña Merca
e Gaña polo Nadal
de Deputación e Federación de Comercio
-
Santos Ramos, Loureiro García e Seijas López presentaron en Viveiro
esta campaña na que participan 700 establecementos mariñáns e que
dan emprego a 1.500 lucenses
- Loureiro
García destacou a “na necesidade de continuar promovendo estas
iniciativas pois o pequeno comercio crea en Viveiro preto do 50% dos
empregos do Concello”
O
Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a
Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Presidente da
Federación Galega de Comercio, José María Seijas López,
presentaron este venres en Viveiro a campaña Merca
e Gaña polo Nadal.
Trátase da campaña de sensibilización e visibilización cidadá
que puxo en marcha na provincia o Goberno da Deputación en
colaboración coa Federación de Comercio. Son uns 700 os
establecementos da Comarca da Mariña, que da emprego a 1.500
persoas, e que participan nesta campaña.
Santos
Ramos destacou que “decidimos poñer en marcha esta campaña debido
á importancia do comercio na economía lucense. Na provincia, hai
uns 5.500 establecementos que xeran máis de 12.500 postos de
traballo. Son 700 os comercios da Mariña que se sumaron a esta
iniciativa. Animo a todos os mariñáns a participar activamente
nesta campaña, coa que queremos concienciar á cidadanía da
importancia de facer as súas compras no comercio de proximidade.
Mercando nos establecementos da nosa provincia gañamos todos”,
explicou.
A
Alcaldesa de Viveiro puxo en valor esta iniciativa pois “é unha
forma máis de promover o pequeno comercio de Viveiro fronte ás
compras nas grandes superficies durante unha das épocas máis
importantes para o sector, como é o Nadal. En Viveiro preto do 50%
do emprego xérase a través do comercio ou da hostalería”.
Campaña
ata o 6 xaneiro
Merca
e Gaña polo Nadal
desenvolvese ata ao 6 de xaneiro. Durante estas datas, ademais de
incentivar as compras no comercio local con material promocional nas
rúas dos 67 Concellos ou en redes sociais co hashtag
#nadalmercaegaña; as persoas que merquen en calquera dos
establecementos da provincia poderán participar no sorteo de 20
tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros. Para elo,
débese fotografar o tícket da compra e rexistrala
en www.nadalmercaegana.com ou
solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo ante notario será
o 12 de xaneiro. Máis información en www.nadalmercaegana.com.
Comentarios
Publicar un comentario