A
XUNTA FAI ENTREGA A DÚAS FAMILIAS, DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA
NO CONCELLO DE FOZ
Foz (Lugo), 15 de decembro de 2017.-
Dous adxudicatarios de vivendas de protección pública (VPP)
emprazadas no concello de Foz recibiron hoxe as chaves dos seus novos
fogares nun acto presidido polo delegado territorial da Xunta en
Lugo, José Manuel Balseiro e no que tamén estivo presente o alcalde
da localidade, Javier Jorge Castiñeira.
Os pisos, propiedade da Consellería de
Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e
Solo, están situados na rúa Corporacións, 45. A primeira das
vivendas de 89,93 metros cadrados e catro dormitorios adxudícase en
réxime de aluguer; a segunda, de 90 metros cadrados e tamén catro
dormitorios, cedeuse en venda.
O delegado explicou que as familias
beneficiarias xa poden facer uso dos pisos de inmediato.
Rexistro único de demandantes de
vivenda
Balseiro desexoulles moita sorte aos
adxudicatarios e reiterou a disposición da Xunta de poñer todos os
recursos que estean nas súas mans para favorecer o acceso dos
cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido, dunha vivenda
digna e adecuada.
De feito, a Xunta desenvolve unha serie
de medidas de carácter social encamiñadas a que ninguén se vexa
desatendido esta demanda e mantén aberto ao longo de todo o ano a
posibilidade de inscribirse no rexistro oficial e único de
demandantes de vivenda.
Os interesados deberá presentarse nas
oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo da capital da
provincia, nos seus servizos centrais ou, se queren evitar
desprazarse tamén hai posibilidade de facelo a través da sede
electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es
O rexistro de demandantes de vivenda
pretende ser un instrumento válido e veraz para ter datos fiables
sobre a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade, ao
coñecer o número de demandantes existentes para cada réxime de
vivenda.
Comentarios
Publicar un comentario