CAMPAÑAZO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ
O CENTRO COMERCIAL ABERTO DE
FOZ ENTREGA ESTES DÍAS OS PREMIOS AOS GAÑADORES DO CAMPAÑAZO, QUE
SE CELEBROU NAS ÚLTIMAS SEMANAS. UN DOS ACTOS DESENVOLVEUSE NA
CAFETERÍA XOYMA.
Foz, 14 de decembro de 2017.
O Centro Comercial Aberto de Foz entrega estes días os premios aos
gañadores do Campañazo, que se celebrou nas últimas semanas. En
Xoyma recolleron os seus agasallos María Carmen Toro Cabrera, Marío
Río López e Ayla Fernández Leivas. As tres seguiron o Campañazo
en Xoyma e alí cantaron os seus premios. Cada unha recibiu 100 euros
en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao
Centro Comercial Aberto focense. Fixeron entrega dos devanditos
premios Olaya Pedrosa, secretaria de Acia/CCA de Foz, e Ángeles
Piñeiro, propietaria de Xoyma. Outros 300 euros foron para outros
seis afortunados no Campañazo do pasado 1 de decembro.
Campaña de Nadal
O Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz sortea 1.000
euros en vales de compra entre os clientes que compren do 15 ao 24 de
decembro nos 44 establecementos que participan nesta campaña. O
colectivo empresarial focense tamén organiza un concurso de árbores
de Nadal e outro de escaparates.
O sorteo dos 1.000 euros en vales de compra (un de 500
euros e cinco de 100 euros) será o día 27 deste mes ás doce do
mediodía en directo en Radio Foz. Os 44 establecementos que
participan nesta campaña son os seguintes: 8 Lobiños Moda Infantil,
Alain Afflelou, Alba Vila Centro de Dietética y Nutrición,
Bombonería Pastelería Amarena, Calzados Pirde, Calzados Pirde
Oulet, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos,
Dechocolate con Churros, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet,
Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos
Celso, Estación de Servicio La Ola, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola
Ola, Home Secret, Infotec, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería
Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport,
Longarela Moda, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Milar
Electrofoz, Monda Proxectos, Pastelería Anduriña, Suministros
Veipa, Unique-2, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet, Viajes Rodríguez,
Xanela Agasallos e Complementos, Xoiería Iria Rodríguez, Yoglio e
Zapatería Carmen León.
O CCA focense tamén organiza un
concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates, para os que se
recollerán votacións a través da páxina de facebook da asociación
do 17 de decembro ao 7 de xaneiro. Desde o Centro Comercial Aberto
sinalan que en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente ás
árbores serán replantadas en diferentes puntos da localidade.
Comentarios
Publicar un comentario