DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DO RURAL
Deputación,
USC e UDC, primeiras institucións en España que ofrecen
compensacións económicas polo desenvolvemento sostible do rural
-
Coa participación directa dos propietarios das Comunidades de Montes
Veciñais en Man Común na Serra do Xistral, desenvolverán o Life
in Commom Land
-
É proxecto de 2 millóns, co-financiados nun 70% pola UE, que busca
o desenvolvemento socioeconómico e sostible de zonas rurais de
especial protección
-
Campos, Barreiro, Naveira e Fernández presentaron hoxe este proxecto
nun acto no que participaron usuarios dos Montes de Abadín, Muras, O
Valadouro, Ourol e Viveiro
O Presidente da Deputación, Darío
Campos Conde, o Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e
Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, e o Adxunto ao
Vicerreitor de Política Científica da Universidade da Coruña,
Horacio Naveira Fachal, xunto ao Deputado de Cooperación cos
Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentaron
este xoves o Life in Commom Land.
Trátase do proxecto que elaborou a
Deputación, coa colaboración da USC e da UDC, para demostrar que é
compatible o desenvolvemento socioeconómico e sostible de zonas
rurais de especial protección, que contan con restricións
lexislativas en canto o seu emprego, aproveitamento ou coidado.
O organismo provincial presentouno á
Unión Europea acadando 1,4 millóns de fondos comunitarios.
Ampliouse a súa dotación económica aos 2 millóns cunha achega de
212.000 euros da Deputación, 198.000 euros da USC e 100.000 da UDC.
Levarase a cabo na Serra do Xistral,
nun espazo de 5.000 hectáreas, que abrangue os Concellos de Abadín,
Muras, O Valadouro, Ourol e Viveiro. Farase coa participación
directas dos propietarios e usuarios dos Montes Veciñais en Man
Común, hoxe presentes na prestación do proxecto.
Conxuntamente, deseñarán as medidas
que garantan un desenvolvemento sostible da zona que redunden na
mellora da produción gandeira e forestal, na axilización de
trámites e aspectos administrativos, así como na conservación do
rural, dotándoo de oportunidades.
Serán os usuarios e propietarios os
encargados de executar estas medidas que, de acadaren os obxectivos
fixados, recibirán compensacións económicas, facendo que
Deputación, USC e UCD se convertan nas primeiras administracións en
España que premien economicamente o desenvolvemento sostible.
Trátase dun modelo que xa se aplica noutros países europeo, como
por exemplo Francia, para combater o despoboamento demográfico e
conversar o medio ambiente. Life in Commom Land ten un
duración de 5 anos.
Motivos deste proxecto
O Presidente explicou que as zonas de
especial protección, como neste caso a Serra do Xistra que é Rede
Natura 2000, contemplan certas limitacións de uso e aproveitamento
do territorio, que veñen impostas pola normativa vixente. “Decidimos
elaborar este pioneiro proxecto para ofrecer solucións a estas
limitacións. E facémolo porque as administracións coas
competencias directas non o fixeron. A Xunta debería ter posto en
marcha medidas de desenvolvemento destes espazos para garantir a vida
no rural e do rural que, lamentablemente, cada vez é máis difícil
e vai a menos” apuntou.
Proxecto novidoso
É un proxecto totalmente novidoso por
varios motivos: 1).- Porque é participativo. Os propietarios e
usuarios dos Montes do Xistral teñen un papel prioritario. Xa foron
partícipes na elaboración do proxecto; estano sendo agora no deseño
das medidas que aplicarán e serán eles mesmo os encargados de
executalas. 2).- Inclúe compensacións económicas aos usuarios pola
implantación das medidas de desenvolvemento sostible, que se
concederán tendo en conta os obxectivos cumpridos. “Deputación,
USC e UCD convertémonos nas primeiras institucións públicas en
España que ofrecen retribucións pola aplicación de necesarias
medidas de aproveitamento e conservación do hábitat na procura dun
desenvolvemento sostible do noso rural, que non podemos deixar que
morra”, destacou Campos. 3).- Busca ser trasladado a outros
territorios europeos, pois crearanse novos esquemas de xestión
gandeira e de ordenación forestal.
Obxectivos
Durante 5 anos, ata 2022, iranse
implantando medidas, encamiñas a cumprir os seguintes obxectivos:
1).- Mellorar a produción gandeira e forestal a través da
implantación de modelos de aproveitamento baseados nas experiencias
dos usuarios dos montes. 2).- Axilizar trámites e aspectos
administrativos logo de ter establecidos novos esquemas produtivos.
3).- Conservar o rural e dotalo de oportunidades.
O Presidente subliñou que “sempre
defendo que temos que traballar cara unha Deputación co rural porque
a nosa provincia é rural, facendo que esta administración estea cos
nosos veciños. Gracias pola vosa implicación. De seguro que xuntos
demostraremos que o noso rural ten futuro”.
Lugo,
13 de decembro de 2017
Comentarios
Publicar un comentario