GALA BENEFICA FERREIRA DO VALADOURO



O pasado domingo, día 17 de decembro, o Grupo Humorístico Trípode organizou na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro unha Gala Benéfica para recadar fondos para Cáritas. Participaron o propio Grupo Trípode, que puxo en escena a súa última obra "Cousas de vellos" e o grupo Xuntanza Musical, integrado por José Ramón Rico, Manolo Cabaleiro, Remigio Vizoso, Esperanza Pérez, Lino Rico e Antón Expósito, antigos membros de orquestras da nosa bisbarra, que interpretaron diversos temas tradicionais. O salón de actos estivo case cheo e recadáronse preto de 500 euros. 





Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS MICOLÓXICAS IES DE FOZ

BINGO ACIA FOZ