O CCA DE FOZ SORTEOU ESTA MAÑÁ OS 1.000 EUROS EN VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA DE NADAL.




Foz, 27 de decembro de 2017. Esta mañá tivo lugar o sorteo dos 1.000 euros en vales de compra da Campaña de Nadal. Os afortunados e afortunadas con 100 euros cada un foron Fina González Iglesias, que realizou unha compra en Din y Don; Marta Geada Arca, que mercou en Din y Don; Josefa Lage, que comprou en Milar ElectroFoz; Rodolfo Otero, que consumiu na la Estación de Servicio La Ola; e Benjamín López Rodríguez, que fixo compra en Lourdes Moda Íntima. E a agraciada con 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz foi Ángeles Merino López, que mercou en Kukadas.
Nos estudios de Radio Foz tamén se sortearon 4 paraugas do CCA, que foron para Mª Fé Rouco Caserío, que comprou en Vas’s; Antía Río García, que consumiu en Anduriña; Rocío Blanco, que mercou en Decoraciones Pura; e Milagros Lende, que fixo compra en Ginzo Mujer y Hombre.
Os afortunados e afortunadas da Campaña de Nadal do CCA de Foz recibirán os seus premios mañá, xoves, no Cenima a partir das 12:00 do mediodía. Teñen ata o 6 de xaneiro para gastar os seu vales e compra.
Concursos
O CCA focense tamén organiza un concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates, para os que se recollerán votacións a través da páxina de facebook da asociación ata o vindeiro 7 de xaneiro. Desde o Centro Comercial Aberto sinalan que en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente ás árbores serán replantadas en diferentes puntos da localidade.




Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS MICOLÓXICAS IES DE FOZ

BINGO ACIA FOZ