PISTA DE XEO - RIBADEO
A partir das cinco desta tarde poderase patinar
en Ribadeo na pista de xeo natural XL, que por terceiro ano consecutivo
poñen en marcha Acisa e o Concello durante as festas de Nadal. Abrirá en
horario de 12 a 14 horas e de 17 a 22 horas ata o vindeiro 7 de
xaneiro, agás os días 24 e 31 que pechará ás oito da tarde. O prezo da
entrada é de 6 euros, aínda que aquelas persoas que merquen ou consuman
nos comercios e locais hostaleiros de Ribadeo, asociados a Acisa, e
presenten os seus tíckets por importe igual ou superior a 20 euros
poderán obter esas entradas ao prezo de 3 euros. Eses tíckets teñen que
ir acompañados das papeletas cos descontos que distribuirán os
establecementos asociados a Acisa. Catro monitores atenderán a pista de
xeo natural XL, de Ribadeo, durante estas semanas. Hoxe a instalación
foi visitada polo alcalde, Fernando Suárez, pola concelleira de
Mocidade, Vanesa Yanes, e polos presidente e xerente de Acisa, David
Martínez e Jesús Pérez.
Desde Acisa e desde o Concello
animan a mercar e a consumir este Nadal en Ribadeo e a gozar da pista
de xeo natural XL, que está no parque de San Francisco.
Comentarios
Publicar un comentario