TROFEO NADAL - FUNDACION IMDECUM


O Trofeo do Nadal Mariñán 2017, da Fundación Imdecum, reuniu onte pola as pequenas promesas de Pescados Rubén Burela FS, ED Lourenzá, AD Santiago de Foz e Escolas Celeiro-Xove FS no pavillón Vista Alegre de Burela.

Un total de 7 equipos, nas categorías de Biberón e Prebenxamín, gozaron co fútbol sala nunha xornada con protagonismo para a diversión e a deportividade.

Os pequenos xogadores recibiron cadansúa medalla no acto de clausura, que contou coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, xunto a Manuel Blanco e José Luis Saéz, vicepresidente e secretario de Imdecum, respectivamente.













Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS MICOLÓXICAS IES DE FOZ

BINGO ACIA FOZ