COGAMI

Máis de cen persoas do servizo de emprego de COGAMI traballan a través dun programa que apoia Fundación Vodafone España



O programa denominado `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´, serve para que as persoas potencien o uso das novas tecnoloxías durante a busca de emprego.

Participan 150 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral de toda Galicia, a maioría delas procedentes de zonas rurais.

Un total de 104 persoas con discapacidade conseguen inserirse laboralmente tras participar no programa de inserción `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´, un proxecto que apoia a Fundación Vodafone España e co que se pretendeu potenciar o uso das TICS para a inserción sociolaboral; válese das novas tecnoloxías para darlle un uso favorable ás persoas que están buscando emprego.
Este programa desenvolveuse durante o ano 2017 e finalizou en decembro cuns resultados que superaron todas as expectativas marcadas pola área de emprego de COGAMI con respecto ao número de insercións. Dende a Confederación tiñan como obxectivo alcanzar un 49% de ocupación laboral das 150 persoas participantes no programa. O resultado final foi superado, xa que o 69% das persoas participantes están traballando arestora: 22 en A Coruña, 11 en Ferrol, 9 en Lugo, 12 en Ourense, 10 en Pontevedra, 18 en Santiago e 22 en Vigo.
Integrantes do programa
Todas as persoas seleccionadas para formar parte en `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´ compartían perfís similares: todas tiñan discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para o desenvolvemento da súa profesión habitual, carecían dun contrato laboral durante os seis meses anteriores ao programa e todas contaban con maiores dificultades de inserción por vivir no rural, por ter formación básica e por ser muller (de aí que a metade de participantes deste programa sexan mulleres). Segundo o lugar de procedencia, 24 dos participantes procedían de A Coruña, outras 24 de Santiago Compostela, 18 de Ferrol, 18 de Lugo, 19 de Ourense, 22 de Pontevedra e 25 estaban en Vigo.


O programa `PARTICIPA COA dis-CAPACIDADE´
Sete orientadores laborais, situados nas oficinas que COGAMI ten abertas nas principais cidades galegas, son os que se encargaron de valorar e avaliar as capacidades de cada unha das persoas participantes no programa e a súa motivación. Tralas entrevistas personalizadas, trazaron un itinerario o máis axustado posible aos intereses e posibilidades de cada unha das persoas.

`PARTICIPA COA dis-CAPACIDADE´ ademais de asesoramento, tamén ofrece información, formación e capacitación en TICS baseado en soportes, equipamentos, tecnoloxías e software adaptados, co propósito de facilitar a súa comprensión e poder darlles uso para a busca de emprego e, finalmente, poder acceder ao mercado laboral.
Dende o servizo e intermediación laboral de COGAMI, tras analizar as necesidades máis demandadas polas persoas participantes, impartiron 8 cursos sobre competencias informáticas nos que participaron 65 persoas e desenvolveron 7 obradoiros sobre redes sociais que contaron coa asistencia de 70 persoas. Tamén se realizaron 15 círculos de emprego para compartir experiencias e impartiuse formación sobre as ferramentas ou apps que se poden descargar nun Smartphone e que facilitan a busca de emprego.
Outra das xestións realizadas polos orientadores laborais, foi a posibilidade de realizar prácticas en empresas ás que asistiron 35 persoas e asesoraron na elaboración dun curriculum 2.0 ou audiovisual dende a preparación do guión ata a presentación da súa gravación.
Parte importante dentro do programa é tamén a acción de visitar empresas para realizar labores de sensibilización cara á discapacidade, informar sobre bonificacións e incentivos que hai na contratación dunha persoa con discapacidade e para xestionar ofertas de emprego. Visitáronse 259 empresas novas, fíxose seguimento a 455 empresas coas que xa se mantén o contacto. Tras realizar estas xestións co empresariado galego, finalmente abríronse un total 620 ofertas de emprego.

Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS MICOLÓXICAS IES DE FOZ

BINGO ACIA FOZ