CONCURSO ESCAPARATES E ARBORES DE NADAL DE FOZ

MONDA PROXECTOS E PASTELERÍA BOMBONERÍA AMARENA SON OS GAÑADORES DOS CONCURSOS DE ESCAPARATES E ÁRBORES DE NADAL, ORGANIZADOS POLO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE FOZ.


Monda Proxectos e Pastelería Bombonería Amarena son os gañadores dos concursos de escaparates e árbores de Nadal, que organizou o Centro Comercial Aberto de Foz a través das redes sociais.
Dezanove foron os establecementos comerciais que participaron no concurso de escaparates e doce no das árbores de Nadal. En total os certames conseguiron máis de 2.000 me gustas en facebook e foron compartidos 60 veces. Ambos locais recibirán un diploma e un detalle do Centro Comercial Aberto de Foz.
Nuns días as árbores de Nadal serán replantadas na localidade por parte da Concellería de Medio Ambiente de Foz.
Desde a directiva agradecen “a presentación dos escaparates e árbores aos concursos que organizamos este Nadal así como o traballo e o esforzo realizado polos nosos asociados e asociadas para engalanar os seus locais e así animar as compras durante esas datas”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS MICOLÓXICAS IES DE FOZ

BINGO ACIA FOZ