PRESENTACION LIBRO

Presentación do libro

“Meirás, un pazo,un caudillo,un espolio.”



(Xoves  18  de Xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz)










A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o Xoves  18 de Xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do  libro “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio”, no que tomaran a palabra os autores do volume Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo.



“Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio” é unha investigación histórica sobre o roubo do Pazo de Meirás pola familia do ditador Francisco Franco, sinalando os procedementos seguidos para facerse irregularmente coa propiedade e as presións para obrigar, mediante sancións económicas, ás galegas e galegos a achegar os fondos para o mesmo.



O volume achega ao tempo un estudo sobre a represión económica no franquismo, facendo un percorrido por casos semellantes aos do Pazo de Meirás ao longo da xeografía galega así como das multas e requisas utilizadas como forma de castigo aos demócratas, incluíndo casos da comarca d´A Mariña.








Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS MICOLÓXICAS IES DE FOZ

BINGO ACIA FOZ