OLIMPIADAS INTERPARROQUIAIS DE ALFOZ

ÉXITO NA PRIMEIRA XORNADA DAS V OLIMPIADAS INTERPARROQUIAIS DE ALFOZ



O PASADO SÁBADO 7 DE ABRIL CELEBROUSE A PRIMEIRA XORNADA DAS V OLIMPIADAS INTERPARROQUIAIS DO CONCELLO DE ALFOZ.

Un ano máis, e xa van cinco, o Concello de Alfoz está a celebrar as súas Olimpíadas Interparroquiais. Deron comezo o pasado sábado 7 de abril, coas probas deportivas, onde os participantes dos distintos equipos tiveron que enfrontarse, por parroquias, a baloncesto 3x3 e a fútbol sala.

Esta primeira xornada deportiva deixou na cabeza da clasificación o equipo da parroquia de Castro de Ouro con 200 puntos, seguido do equipo de Carballido con 140 puntos.

O vindeiro sábado 14 é a quenda das probas culturais as 17,00 no pavillón municipal.




Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADAS MICOLÓXICAS IES DE FOZ

BINGO ACIA FOZ

ORDE DO DIA PLENO .