XORNADAS MICOLÓXICAS IES DE FOZ




O IES DE FOZ COMEZOU HOXE, LUNS, AS ACTIVIDADES DA SÚAS XORNADAS MICOLÓXICAS CUNHA RECOLLIDA DE COGOMELOS NOS MONTES DE CAMPO DO OSO.

Foz, 22 de outubro de 2018. O Instituto de Secundaria de Foz comezou hoxe, luns, as actividades das súas xornadas micolóxicas, que organiza o Departamento de Hostalería do centro, cunha recollida de cogomelos nos montes de Campo do Oso, actividade na que participaron medio centenar de alumnos e alumnas.
Mañá, martes, outro grupo de alumnos e alumnas do IES de Foz irán recoller setas aos montes de A Fraga Vella. E o mércores haberá unha exposición de cogomelos, un concurso de cestas e unha charla sobre identificación das setas a cargo de Suso Liste, profesor de Cociña do IES de Foz. As actividades das xornadas rematarán o xoves cunha degustación de pratos elaborados con cogomelos, na que participará persoal deste centro educativo focense.
Nas xornadas micolóxicas do IES de Foz participan alumnos e alumnas dos ciclos Básico de Cociña e Restauración, Medio de Cociña, Superior de Dirección de Cociña, Superior Dual de Dirección de Cociña e Dirección de Servizos e de cuarto curso da ESO.

Comentarios

Entradas populares de este blog

BINGO ACIA FOZ

ORDE DO DIA PLENO .