Concurso de fotografía ‘O meu recuncho de Mondoñedo’,
Andrea Gacio acada o primeiro premio no concurso de
fotografía ‘O meu recuncho de Mondoñedo’, que convoca por terceiro ano o
Concello
·
O segundo e terceiro premio foron para José Antonio Pasarón e Marcos
Candia, respectivamente
·
O edil Alberto García destacou o elevado nivel desta edición e agradeceu o
interese de todos aqueles que enviaron as súas
fotografías
Mondoñedo, 28 de novembro
de 2018.- Un xurado profesional vén de fallar o terceiro concurso de fotografía ‘O
meu recuncho de Mondoñedo”, que anualmente convoca o Concello e que este ano
suma xa a súa terceira edición. A fotografía gañadora é de Andrea Gacio, na que
se reflexan os cabalos, de tanta relevancia en Mondoñedo, pastando nos montes
da localidade.
O xurado,
integrado por fotógrafos dos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, así como
por estudantes de fotografía; fallaron o segundo e o terceiro premio para José
Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente.
Ademais,
de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13
instantáneas coas que se elaborará dende o Concello o calendario para o
vindeiro ano 2019. Os autores das instantáneas que ilustrarán o calendario son
os seguintes:
Xaneiro: Xián Vázquez
Febreiro: Diego García Carro
Marzo: José Ramón Miranda
Abril: J. Pedro Gómez
Maio: Sol Piñeiro
Xuño: Andre Gacio
Xullo: Susana Gacio
Agosto: Diego Muruais
Setembro: Héctor Loureiro
Outubro: Marcos Candia
Novembro: José Antonio Pasarón
Decembro: Alberto García Armesto
E para a portada: Andrés García
Doural
Agradecementos por unha edición cun nivel moi
alto
O
concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías, Alberto García, quixo
agradecer “en nome do Concello de Mondoñedo, o interese amosado por todas as
persoas que participaron no concurso, aos que felicitamos pola calidade das
fotografías que recibimos”. “Ano tras ano o nivel é maior, o que dificultou o
labor do xurado, xa que practicamente todas as fotografías eran merecedoras de
incluírse no calendario”, precisou.
O
Concello de Mondoñedo celebrará un acto no Salón de Plenos do Concello, que se
prevé para finais do mes de decembro, durante o que se entregarán os premios
aos galardoados.
Por
último, Alberto García lembrou que este concurso fotográfico naceu co afán “de desenvolver o sentimento que temos pola
nosa cidade, polos lugares que nos traen os nosos mellores recordos, por
aqueles que máis sentimos ou polos que simplemente máis nos gustan”. Así, Alberto García volveu a destacar o aspecto
“sentimental” desta iniciativa xa que “permite aos participantes mergullarse
nas súas vivencias na cidade e no rural e recorrer os recunchos que máis lles
apaixonan”
Comentarios
Publicar un comentario